Libertade de expresión "bien entendida"
A nova non é tanto esta coma esta. O incrible non é a medida absurda e reaccionaria, senón que os propios compañeiros de profesión pidan moderación. Así, segundo Jose María Varona, vicepresidente da Federación de Humoristas Gráficos de España:
"Yo me puse en contacto con mis compañeros de El Jueves cuando tuve conocimiento de lo que habían hecho y les dije que, en mi opinión, se habían pasado, que la portada era soez."
"Este tema no tiene nada que ver con las caricaturas de Mahoma, esta portada está totalmente fuera de lugar".
Se a portada é de peor ou mellor gusto é algo que decidirán os leitores, non un xuíz. Pero en qué século estamos?
3 comentários:
Dende logo a portada é zafia e de mal gusto, acabo de lembrar porque deixei de mercar El Jueves. De todas formas non estou a favor da medida.
Tamén eu tamén deixei de mercalo hai anos porque o seu humor cada vez me parecía máis barriobaixeiro. De todos modos, os que líamos El Jueves era porque, naquel momento, nos gustaba ese humor corrosivo e algo tosco. E por Mamen, claro.
O que está claro é que a medida é impresentable.
A portada é o de menos. O importante é a sagrada e intocable Liberdade de Expresión. Viva a república!!
Postar um comentário