H.G.O.
Manuel Rivas recrea coma na Arxentina se dou "a usurpación do Estado por unha mafia uniformada", a través da estela do eternauta H.G.O. Coma coa Historia da Shoáh, decirlle que lean isto é case máis un rogo que un consello. Imprescindible.
Qué difícil é quedarse quedo, indiferente, mentres todo entorno fai ruído.
Manuel Rivas recrea coma na Arxentina se dou "a usurpación do Estado por unha mafia uniformada", a través da estela do eternauta H.G.O. Coma coa Historia da Shoáh, decirlle que lean isto é case máis un rogo que un consello. Imprescindible.
Abondou con oír unhas poucas cancións dela, as que dei atopado na rede, para que Hadas Dagul pasara a ser a miña cantante favorita, de entre as novas voces israelíes que coñezo.
Nada en Xerusalén no 1984, xa con seis anos comenzou a tocar a guitarra, completando logo a súa formación estudando guitarra clásica na Jerusalem Academy of Music High School, un centro de gran sona no páis.
Durante o seu servizo miltiar foi destinada a unha banda que animaba os momentos de ocio dos soldados, e foi neste periodo que coñeceu a quén a había de acompañar no seu primeiro disco, o compositor de música para películas Ori Vidislavski. Co patrocinio deste útimo, Hadas publicou no 2003 o seu debut, Seret Eelem (Película muda). Algúns dese temas poden escoitarse no seu MySpace.
O seu estilo nútrese da música tradiciona grega, así coma das cancións árabes que Hadas escoitaba xunto co seu avó cando era nena. A canción que da título ao álbum, cun ritmo moi suave, di así:
Vida de actividades de verán
casas rosadas sobre montañas verdes
unidas coidadosamente;
isto é todo o que me deixastes.
Tratando de captar un momento
que existe só nas revistas;
isto é todo o que me deixastes.
No momento no que escribo isto hai tres vídeo dela no Youtube. Dous deles son sobre a súa canción Todas as cores, en sendas actuacións en directo, e o terceiro é o videoclip do seu tema Bahgdag.
Bahgdag.
All the colors (en vivo)
Dende mañá á noite, e ata o solpor do domingo, coincidindo co noveno día do mes Av, o mundo xudeu comnemora varias datas de importancia capital, todas de lembranza dolorosa. Na xornada, coñecida coma Tisha b´Av, coincidiron a destrución dos dous Templos de Xerusalén, o Decreto de expulsión do Reino de Castela e Aragón, e de Inglaterra tamén, varios séculos antes, entre outros.
En tal día coma mañá, tamén, foi inaugurado e comenzou a funcionar o campo de Treblinka.
De todos é coñecido o papel desempeñado polas xudeus no sistema comercial ao longo da historia, e como ese papel se converte en protagonista, cando o escenario é o Mediterráneo e a época é a Idade Media.
Durante o século XIV, como nos séculos anteriores e posteriores, o bo desenvolvemento das transaccións comerciais dependía, en gran medida, das relacións persoais dos comerciantes, pois a precariedade das redes comerciais esixía unha confianza plena en todos e cada un dos nós da rede.
Un próspero negocio familiar e correlixionario
As relacións familiares no amplo sentido semítico –case tribal e clánico– eran as grandes protagonistas, pero cando estas fallaban, eran suplidas polas relacións de correlixionarios. No caso dos xudeus eran tan frecuentes unhas como as outras, cousa lóxica se entendemos que en todos os lugares constituían unha minoría relixiosa nun universo dominado polas relixións. En consecuencia, as redes comerciais estaban integradas por membros dunha mesma tradición relixiosa: xudeus con xudeus, cristiáns con cristiáns e musulmás con musulmás, se ben isto non impedía que os negocios si puidesen realizar entre membros alleos á propia comunidade relixiosa nas súas fases inicial e final. Concretamente, o comercio entre a Europa cristiá e os países musulmás dependía, en gran medida, dos comerciantes xudeus asentado nas ribeiras norte e sur do Mediterráneo, que comerciaban nos portos do sur con comerciantes musulmás, e no norte con cristiáns. A ética comercial entre os individuos das tres relixións abrahámicas era moi similar, o que facilitaba as transaccións comerciais ‘interrelixiosas'.
A maioría dos comerciantes xudeus pertencían a un grupo que se podería denominar como profesionais, que estaba integrado polas grandes comerciantes, os delegados, os representantes e os axentes ou intermediarios. Tamén se adicaban á mercadoría, de forma esporádica, viaxeiros que emprendían unha peregrinación a lugares santos, sobre todo a Xerusalén, ou estudosos que acudían a aprender con eruditos famosos, e que aproveitaban o longo camiño para comerciar e, coas ganancias, custearse parte da viaxe. Unhas veces os negocios eran seus propios, aínda que na maioría dos casos, eran por conta allea, sempre eran transacciones de menor envergadura que as dos comerciantes profesionais.
A abundante documentación conservada sobre os comerciantes xudeus mostra como, non todos eles pertencían á mesma clase social, pero tamén evidencia como existía un espírito de igualdade, só explicable pola responsabilidade compartida entre todos os actores dunha transacción comercial. Os documentos –contratos, cartas, libros de viaxes, etc. – mostran como o comercio estaba marcado pola inseguridade e a lentitude das comunicacións das rutas comerciais que, fundamentalmente, realizábanse en barco e en caravanas. Un bo resultado no negocio dependía de saber manter un fráxil equilibro entre os compradores, os vendedores e os intermediarios, que comezaba ao adquirir a mercancía nos lugares de orixe e concluía cunha boa venda no lugar de destino. Pero ese equilibrio dependía sobre todo das etapas intermedias nas que os produtos esperaban o seu seguinte destino, eran negociados –vendíanse para comprar outras mercancías– ou perdíanse. En consecuencia, a confianza entre todos os integrantes da rede comercial, era fundamental.
As redes estaban formadas sobre todo, por familiares das grandes comerciantes, como eran os fillos, os xenros e persoas moi próximas, que actuaban de delegados ou axentes. Estes eran os encargados de comprar e vender as mercancías e adoitaban residir nos enclaves comerciais máis importantes. A principios do século XIV, os comerciantes xudeus máis importantes procedían do mundo musulmán, así era frecuente atopar redes onde, por exemplo, un comerciante xudeu do Cairo tivese delegados residentes en enclaves situados no Occidente musulmán, que mantiñan a ruta entre Sijilmasa-Fez-ao-Andalus, desde onde se adentraban nos reinos cristiáns hispanos peninsulares, ou para Qairawán-Sicilia. Desde Sicilia volvíase a bifurcar a ruta, marchando unha para Europa por Italia, outra ao Levante mediterráneo e outra ao Cairo, sede central da rede, onde pola súa vez, recibíanse mercancías da India a través de Adén e o Nilo, que se importaban á Europa cristiá e ao occidente musulmán.
Auténticas sociedades mercantís
Era frecuente que o grandes comerciantes se asociaran con outros comerciantes, creando auténticos ‘monopolios'. Estas sociedades reforzábanse con alianzas matrimoniais, se ben as sociedades estaban por riba desas alianzas, como se pode ver nalgún caso de divorcio, no que a sociedade perdura unha vez disolto o matrimonio. As sociedades mercantís repartían beneficios e financiaban operacións conxuntamente, pero as propiedades dos socios permanecían separadas. Este costume aplicábase incluso aos fillos; o seu estrito cumprimento variou duns lugares a outros e dunhas épocas a outras, se ben no norte de África practicouse, case sen variantes, a partir da época romana ata ben entrada a Idade Moderna.
Durante o século XIV, como no resto do medioevo, as xudeus, ao ser comunidades minoritarias, rexíanse polas súas propias leis tanto nos reinos cristiáns como musulmás, someténdose á xurisprudencia central só nos casos de litixios mixtos, é dicir con cristiáns ou musulmás. Esta situación confería uniformidade á lexislación que rexía a vida das xudeus desde Oriente a Occidente, o que facilitaba e fomentaba as relacións mercantís entre xudeus. Con frecuencia, na Idade Media, as grandes rabinos lexislaron sobre cuestións mercantís.
Mitos sobre os comerciantes xudeus
O feito de que as xudeus mantivesen unhas férreas redes comerciais, cun carácter bastante endogámico, e que estas estivesen rexidas polas súas propias leis, que eran descoñecidas e estrañas aos xentís, deu lugar á aparición de lendas en torno aos comerciantes xudeus, como eran a mítica riqueza dos comerciantes ou a súa dedicación á usura, pero non todos eran grandes comerciantes nin prestamistas. O que si é certo é que as lexislacións dos países xentís, nas que se lles prohibí a posesión e cultivo da terra, exercer cargos na Administración e a maioría das profesións liberarles, abocaron ás xudeus a exercer os oficios de comerciante e prestamista como únicos medios de poder conseguir unha mínima calidade de vida.
Outra das lendas sobre os comerciantes xudeus era a súa dedicación ao comercio dos artigos de luxo. É certo que había comerciantes xudeus que controlaban gran parte do mercado de obxectos ornamentais – pérolas, xemas, abalorios, lapislázuli, nácara, coral…– por canto que a relación prezo-volume era moi favorable, e en caso de persecución, algo demasiado usual, era fácil de ocultar e transportar. Por exemplo, estas eran as mercancías coas que comerciaban preferentemente os viaxeiros peregrinos e os estudosos debido ‘á súa comodidade'. O certo é que os xudeus comerciaban con todo tipo de xénero, sendo moi activos no mercado de minerais, que era o caso contrario, pois era necesario comerciar con grandes cantidades: o ferro importábano a partir da India a Arabia e desde alí, aos países do Mediterráneo, onde outras xudeus tiñan industrias de transformación. O cobre, o estaño, a prata e o chumbo, exportábanos desde ao-Andalus. O mercado do ouro foi outro no que os comerciantes xudeus xogaron un papel importante a partir dos primeiros séculos da Idade Media, este prezado metal traíano do África subsahariana vía Sijilmasa, e a partir do século XII, adoitaban importalo desde Sudán.
O por que da elección dunha ou outra mercancía debíase, en primeiro lugar, á demanda do mercado pero, en gran medida, tamén se debía ás actividades da comunidade á que pertencía a comerciante, pois unha práctica frecuente entre as xudeus foi o comerciar con produtos relacionados con industrias de transformación en mans de correlixionarios. Por exemplo, era moi frecuente cós xudeus de Al-Andalus comerciaran con seda e produtos relacionados coa industria téxtil, como era o chamado tinte vermello da India, que importaban desde India e Iemen a Granada para, despois, exportar a seda tecida e tintada. Tamén o liño exipcio exportábano a Tunisia e Sicilia para o seu tratamento e, tralo proceso, volvía a ser importado a outros países, incluído Exipto.
Venecia e Xénova controlan o comercio marítimo
A mediados do século XIV, as rutas tradicionais antes descritas, comezaron a declinar, e o comercio co Levante Mediterráneo experimentou un gran auxe; é nese momento cando as repúblicas marítimas italianas de Xénova e Venecia, comezan a controlar o comercio en detrimento dos países musulmás do Mediterráneo occidental. A esta mudanza contribuíu a expansión e consolidación –aínda que a toma de Constantinopla non se producíu ata 1453– do Imperio Otomano, que daría un novo ritmo ao comercio nesa zona. Os xenoveses e venecianos víronse forzados a estender as súas rutas para Siria, Exipto e Constantinopla. Como grandes enclaves comerciais continuarían as cidades exipcias de Alexandría e O Cairo, e os portos sicilianos; ao tempo, xurdirán outras novas bases comerciais como as illas de Corfú, Rodas, Chipre, os enclaves gregos de Salónica, Corinto ou Constantinopla ou as cidades sirio-libanesas de Trípoli, Alepo, Damasco, etc. É notorio como a poboación xudía deses lugares aumentou considerabelmente: as xudeus, atraídos pola prosperidade comercial desas cidades emigraron desde Occidente, sobre todo desde Italia e Sefarad. Por exemplo, cando en 1391 se deron os brotes de antixudaísmo nos reinos de Castela e Aragón, moitas xudeus que mantiñan contactos comerciais con comunidades hebreas do Levante, optaron por emigrar alí, xa que o nacente Imperio Otomano ofrecíalles maiores oportunidades e máis protección e liberdade.
O feito de que o dominio do comercio no Mediterráneo pasase de mans musulmás a mans cristiás, afectou profundamente aos comerciantes xudeus, pois a diferente consideración na que eran tidos –pobo do Libro uns e pobo deicida outros– reflíctese nas relacións cos comerciantes cristiáns plasmada nas leis. Tal é o caso que se deu na lexislación marítima veneciana que, durante os séculos XIV e XV, consideraba aos comerciantes xudeus rivais e, polo tanto, propuxo excluílos do seu sistema comercial. Aínda que estas normas nunca chegaron aplicarse, se limitarían a súa liberdade de movemento, así no século XIV, os comerciantes xudeus non poderán ser donos ou fretar as súas propias naves, senón que serán obrigados a usar os servizos marítimos dos países dominantes do comercio marítimo, que ese momento eran fundamentalmente Venecia e Xénova. Pero incluso no caso de que fosen aceptados tiñan problemas, algunhas veces eran as propias leis relixiosas xudías –dietéticas, pureza, festividades…– as que dificultaban súas travesías en naves xentís; outras eran os portos cristiáns aos que arribaban, nos que poderían ser considerados proscritos e perseguidos. Uns das grandes males dos comerciantes xudeus neste século vai ser o da pirataría; este problema, que afectaba a todos os comerciantes, era especialmente duro para as xudeus, que eran asaltados con máis saña e non eran defendidos coa escusa da relixión. Era frecuente observar como o número de cautivos xudeus era significativamente maior có das cristiáns, indiferentemente á relixión dos corsarios.
Confinados en ghettos
Nas cidades cristiás, incluso nas das colonias, os comerciantes xudeus, como outros ‘estranxeiros', eran obrigados a recluirse coas súas mercancías durante a noite en pousadas ou fondas, separados dos comerciantes cristiáns, pero esta separación era especialmente salientada no caso dos xudeus, que debían pernoitar en fondas ou albergues situados nos barrios xudeus. A existencia de pousadas ou hospicium exclusivamente xudeus na Alta Idade Media está ben documentada: un hospicium no call de Tortosa en 1328, un hospitium ventura hebrei en Bolonia a finais do século XIV ou un fondaco pertencente á coroa no Nápoles de 1317 do Rei Roberto.
Un exemplo claro da actitude para os comerciantes xudeus a finais do século XIV, é o de Venecia: Durante todo o medioevo, os venecianos mantiveron reservas coas xudeus, pero nunca houbo persecucións, e incluso no século XIV se lles concu o dereito de residencia estable na barriada do Véneto, e total liberdade para exercer os seus negocios. A bonanza comercial da cidade fixo que se asentasen numerosos comerciantes xudeus, entre eles algúns chegados de Sefarad. Continuóuselles autorizando a vivir dentro da cidade ata 1513, pero xa circunscritos á illa que se coñeceu como Gueto Novo, onde, a partir de 1516, se lles obrigou a vivir sen que puidesen abandonar o barrio despois da posta do sol.
A pesar de todas as dificultades coas que tiñan que bregar as xudeus nos territorios cristiáns, cando nas postrimerías de medioevo as institucións europeas desenvolveron un comercio máis moderno, baseado na implicación de investidores, moitos comerciantes xudeus adoptaron este novo sistema e prosperaron notablemente, fronte aos colegas que continuaron co sistema de negocios musulmán, moito máis personalista. Os comerciantes cristiáns asentados na zona do Levante, fixeron uso da súa condición de minoría para que os seus negocios se rigieran pola leis dos seus países de orixe, o que foi recoñecido polas autoridades musulmás. As xudeus fixeron uso dese dereito e acolléronse ás leis mercantís que éranlles máis favorables, xa fosen feixóns, musulmás ou de calquera país cristián.
A relación cos comerciantes cristiáns fixo que os comerciantes xudeus cambiasen moitos dos seus hábitos; por exemplo, a partir do século XIII cambiaron o camiño do comercio de diamantes traídos a partir da India, que ata aquela época se distribuía desde Exipto pero que, desde entón, vai pasar por Venecia, onde xudeus venecianos comezaron coa industria do talle de diamantes. A arte moderno do pulido do diamante orixinouse entón.
En resumo, pódese dicir que durante o século XIV, os comerciantes xudeus non só continuaron protagonizando o mesmo papel prominente no sistema comercial de Occidente que desempeñanran durante os séculos anteriores, senón que se abriron a novos horizontes, como eran os territorios eslavos.
O círculo de confianza de Ariel Sharon xa se decantou por apoiar a Tzipi Livni nas primarias do Kadima:
The advisers who comprised former prime minister Ariel Sharon's innerPor se había algunha dúbida de quén leva os pantalóns no partido, a Ministra de Asuntos Exteriores deixou de novo clara a súa opinión sobre a candidatura de Olmert:
circle have now joined the camp of Foreign Minister Tzipi Livni as she prepares
to vy for the premiershipin the upcoming Kadima Party primary, scheduled for
September. (Ha´aretz)
"If the prime minister runs in the primary, I'll beat him, too," Livni
said in the interview, adding: "It seems unlikely that he will be a
candidate, but that is his decision to make. I have already made mine."
Ademáis de descubrir que o contintente americano estaría libre da pena capital se non se aplicara nos EUA, e que Bielorrusia é o único país europeo en manter esa sanción, o último informe anual da asociación Que ningúen toque a Caín, encamiñada a conseguir a abolición da pena de morte, amosa outros datos que non por agardados son menos terribles. Segundo os datos presentados pola deputada italiana e redactora do informe Elisabetta Zamparutti:
Os países mantedores da pena de morte son agora 49, eran 51 en 2006 e
54 en 2005. Maila iso, aumentou o número de execucións a escala mundial,
pasando de 5.494 en 2005, a 5.635 en 2006 e a non menos de 5.851 en 2007. A causa deste significativo incremento débese en especial á escalada das execucións en Irán -onde aumentaron nun terzo- e en Arabia Saudí, onde se cuadruplicaron. (...)Dos 49 países mantedores da sentenza capital, 39 teñen gobernos dictatoriais, autoritarios ou iliberais, nos que se cometeron polo menos 5.798 execucións, equivalentes ao 99% do total mundial. Sobre o terrible podio dos grandes executores figuran tres de éstos países: China, Irán e Arabia Saudí. (San Antonio Newspaper)
Onte á noite estiven vendo Oh, Xerusalén, a película sobre o nacemento do Estado de Israel basada na novela de Dominique Lapierre e Larry Collins, e tiven a mesma sensación que cando fun cunha amiga tolkieniana ata o extremo a ver O señor dos anéis; por bóa que sexa, voulle a estar sacando defectos todo o tempo. De todos modos, coma é lóxico, en pouco máis de hora e media, pouco che poden contar sobre un dos periodos máis convulsos do século pasado, os meses que precederon e seguiron á Partición de Palestina e á Declaración de Independencia de Israel. Con estas limitacións, é forzoso que se omitan feitos, ou que apenas se mencionen outros de gran relevancia.
A accion comenza en Nova Iorque, cando o mozo xudeu Bobby Goldman, coñece a un árabe de Xerusalén, Saïd Chahine, que se atopa estudando nos EUA. Toda a película xira en torno a estes dous amigos, obrigados polos acontecementos a loitar en bandos enfrontados. O telón de fondo dese encontro é un parte radiofónico no que informan do atentado no Hotel Rei David. A raíz dese encontro fórxase unha amizade que discurre paralela aos preparativos á Partición, ata que pouco antes de que se produza a votación ambos viaxan a Xerusalén.
Neste punto prodúcese o que, na miña opinión, mellor reflicte a película: a miserable inhibición das autoridades do Reino Unido. Eles sabían que era cuestión de semanas, de meses coma moito, que as tropas árabes botaran aos xudeus ao mar, e maila todo optaron por permanecer ao marxe, ao tempo que perseguían á inmigración xudía. Xente que viña dos campos.
Hai unha escea, logo da votación nas Nación Unidas, na que unha turba árabe percorre a cidade para expulsar dela aos xudeus, e ao chegar a un control con tropas coloniáis, un grupo de xudeus charlan distraídos ao outro lado, confiados en que lles impedirán continuár. Os soldados preguntan qué deben facer e o oficial ao cargo responde: deixádeos pasar. Dahí en diante, o Terror.
A película procura reflectir ruindades dun bando ou outro, se ben deixa en peor lugar, na miña opinión, aos sionistas que aos árabes. Se dos primeiros resalta a súa determinación e a abrumadora inferioridade numérica e militar, tanto no que a número de armas coma á nula formación militar da práctica totalidade dos combatentes (só as milicias paramilitare da Haganá e do Irgún constituían a excepción), tamén é nos feitos históricos que en peor lugar deixan ás tropas aínda irregulares de Israel nos que máis se ceba.
Por exemplo, nos aínda hoxe polémicos feitos de Deir Yassin reflicte con toda crudeza de detalles a versión árabe (matanza indiscriminada) e non a sionista (cruenta batalla contra tropas iraquíes destacadas no pobo, distorsionada pola propaganda árabe para animar aos seu a combatir, e que tivo o efeito contrario; moitos fuxiron); lean ambas e comparen. De feito, o malo malísimo da película é o lider do Irgún, frío e sádico (no bando árabe non hai persoaxes así), co que se aprobeita para trazar un antagonismo entre os bós, a Haganá, e os malos, o Irgún. Non é que non teña a miña opinión sobre cada milicia, pero o xeito no que os contrapoñen paréceme unha simplificación máis que forzada.
Asi mesmo, apenas se alude á constante violencia árabe contra os xudeus, que foi un dos factores a ter en conta á hora de decretar a Partición, e que se viña producindo dende moitos anos antes. Sen explicar feitos coma a matanza de Hebrón (case vinte anos atrás) a reivindicación da llixuv de contar con órganos de autogoberno e defensa case parece un capricho identitario, e non unha necesidade urxente de protecion. Pode que nisto sexa no que máis coxea a película.
A presenza entre os combatentes sionistas de supervivintes dos campos resúmese no persoaxe de Hadassah, que a través da súa truculenta historia deixa entrever os horrores dos campos. De todos modos, a traxedia do xudaísmo en Europa non é o tema desta película.
En conclusión, o resultado queda algo descompensado e escaso nalguns aspectos, pero en xustiza hai que admitir que a ambición de reflectir esos feitos históricos é tan desmesurada que resulta moi difícil amosar todo en tan pouco tempo. Así pois, é unha película que está ben, e mesmo llela recomendaría tanto a quen xa teña algo de idea sobre os acontecementos históricos coma a quén queira comenzar a telos, se ben xa digo que a idealización dos persoaxes, sobre todo no bando árabe, lle resta fidelidade histórica.
Hai unhas horas, en Compostela, o alcalde Sánchez Bugallo (PSdG-PSOE), "pide pola crise económica na Ofrenda ao Apóstolo". Na mesma petición, nunha mostra dese realismo máxico que tanto encandila aos turistas que visitan este País, o delegado rexio aprobeitou a súa ofrenda no templo católico para apostar "pola neutralidade relixiosa do Estado". (Ver vídeo).
Para quen queira facerse unha idea básica da maraña de partidos políticos de Israel, aconséllolle que se descargue este arquivo en pdf (36 páxinas). Trátase dun estudo feito por un estudante de Ciencias Políticas da USC, que consegue resumir en poucas páxinas a orixe e evolución das organizacións políticas máis significativas. Resulta moi útil para obter unha panorámica do sistema político do Estado mediterráneo, así coma para entender a enrevesada cultura pactista que o caracteriza. Para facerse unha idea de ata qué punto é necesario contar cunha guía que nos oriente, abonda con sinalar que o Partido dos Xubilados tivo unha escisión hai uns meses ...
Se algúen ten problemas para obtelo na ligazón (hai que estar rexistrado para descargalo), pode solicitalo enviando un correo á dirección indicada na barra lateral e o recibirá na súa conta. Pola brevidade do texto e a información que aporta, recoméndollo a calquera que estea interesado na Historia de Israel e no conflicto árabe-israelí.
A Ministra de Asuntos Exteriores israelí e candidata ao liderazgo do Kadima, Tzipi Livni, acaba de lanzar un órdago que pode supoñer un auténtico revulsivo na política do seu país. Livni declarou o pasado martes que, se gaña as primarias no seu partido, fará un chamamento a Netaniahu e a Barak para formar un goberno de unidade xunto cos laboristas e o Likud.
A idea é formar unha gran coalición entre as tres grandes forzas políticas israelíes, na liña da gran coalición entre socialdemócratas e democristianos en Alemaña. Con esta medida Livni intentaría superar a crise institucional e a falta de credibilidade na clase política que atravesa o país dende a Guerra do Líbano, e máis en concreto, dende o varapau que para o Goberno de Olmert supuxo o informe da Comisión Winograd.
Nas mesmas declaracións, a candidata fixo valer os seus méritos na súa labor diplomática, fronte ás acusacións de non ser quén de traballar baixo presión, ou pola súa suposta pertenza ao Mossad no pasado:
My life story is open to everyone, including my political and security experience. In recent years I was a partner in the government to reaching significant political and security decisions, including Resolution 1701, and I wish to be judged on the basis of those decisions (Ha´aretz)
É a nova do día: o vídeo que amosa a un soldado israelí disparando unha pelota de goma no pe dun mozo palestino atado de mans e cos ollos tapados. É unha vulneración clara dos dereitos dun detido, sexa quén fora o autor ou a vítima. O soldado que cometeu a agresión, coma en calquera país democrático que se prece, xa foi detido e será xulgado polo seu abuso.
Antes de seguir, aclarar que son favorable á campaña de distribución de cámaras da ONG Bet Selem. Coido que é necesario que, cando se producen abusos por parte das IDF, éstes sexan recollidos. Maila que darlle cámaras aos palestinos é arriscarche a que che monte un (outro) Pallywood, coma é habitual, se en ocasións serven para recoller estos feitos indesexables e lograr probalos en xuízo, terán un efecto positivo. Dixen e manteño que en ocasións é necesario recurrir á violencia, máis que a crueldade é por definición rexeitable, e a acción deste soldado do Tsahal entra de cheo no terreo do reprobable.
Acontece coa laboura das ONG israelíes, coma de xornáis que leo e me gustan coma o Ha´aretz, que recollen e tratan temas duros cunha tónica hipercrítica co Estado porque parten da base de que todo o mundo ten un coñecemento real da situación. Cando un israelí le as críticas furibundas que se recollen nese ou noutros xornáis contra o seu Goberno, xa está afeito ao terrorismo palestino, o islamismo sirio-iraní, ou a podredume da ANP, por poñer tres casos. Son autocríticos pero ao mesmo tempo son plenamente conscientes de que a maior parte da responsabilidade está no bando árabe. Pola contra, cando os medios de comunicacións ocidentáis recollen esta clase de feitos tenden a descontextualizalos para amosalos coma a proba definitiva da maldade sionista. Xa non é unha atitude criminal no marco dunha guerra, senón, coma apuntaba un compañeiro de fatigas hai unhas horas, unha instrumento para deslexitimar a todo o exército e, indirectamente, ao conxunto das institucións dun Estado que, non convén esquencelo, segue estando moi por riba de calquera dos seus veciños.
En todos os titulares que lín sobre o tema se omiten dous datos cruciáis: por unha banda, o disparo efectuóuse cunha pelota de goma, coma as que empregan os antidisturbios na miña cidade, ou en calquera outra de Europa cando teñen que disolver unha manifestación violenta. Por outra, que se lle disparou no pe, e non no tronco nin na cabeza. O resultado é a magulladura que a vítima ensina nesta fotografía do Yedioth Ahronot:
Pola contra, calquera que lera os titulares da prensa española levaría a impresión de que o home rematou moito peor do que se ve na imaxe. Sen ir máis lonxe, no da Cadena Ser (Vía Chuza!): "Una ONG revela un vídeo en el que un soldado israelí dispara a bocajarro a un palestino".
A verdade espída é que, mentres se disolvía unha manifestación, un soldado cometeu un abuso inaceitable. Coma é normal na democracia israelí, o soldado xa foi detido e será xulgado polo que fixo. O que aconteceu non foi moi diferente a cousas que, por degraza, non ocurriran xa antes en calquera democracia europea. É un abuso das forzas e corpos de seguridade, máis non o delito de lesa humanidade que están a presentar os medios.
Mentres tanto, a reacción da sociedade israelí foi de vergoña e condea. Se o soldado fora de Hizbolá ou de Hamás, xa lle terían posto o seu nome a unha escola. Mal que lles pese aos nosos nazis, a un extremo ou outro do espectro ideolóxico, hai unha diferencia sustancial entre a sociedade (e o Estado) que condea a quén actúa cunha violencia inxustificada e quenes celebran con entusismo o sadismo máis extremo.
Eu entendo que un xornal é unha empresa, e que polo tanto viven de vender noticias. Entendo tamén que, nese comercio, hai que ofrecerlle ao público o que éste demanda. Máis aínda sabendo todo isto, a tabloidización da nosa prensa é un fenómeno ao que non consigo habituarme.
Onde queda, en casos coma éste, a ética profesional que se lle supón aos xornalistas?
Hizbolá e a súa base social reciben coma un heroi ao home que lle rebentou a cabeza a unha nena de catro anos:
Samir Kuntar, one of five Lebanese prisoners released by Israel as part of an exchange deal with Hezbollah, has said he had no regrets over his imprisonment in 1979 for the murder of three Israelis. (...)
Kuntar was convicted and sentenced to five life terms for killing a police officer, a civilian and a four-year-old child in a raid in the northern Israeli town of Nahariya.
But on Thursday he told the crowds that came out to welcome to his home town: "I haven't for even one day regretted what I did.
"On the contrary I remain committed to my political convictions," Kuntar said.
"I feel enormous joy because I have returned to the ranks of the resistance and to my family."
Kuntar's family says that he did not commit any of the murders and that the victims were killed in crossfire during a shootout with Israeli security forces trying to apprehend Kuntar and other members of his group. (Al Jazeera)
Agora que os corpos de Eldad Reguev e Ehud Goldwasser están xa en mans das súas familias, paga a pena ver o video que a Oficina do Primeiro Ministro fixo sobre o terrorista Samir Kuntar (aquí, subtitulado en castelán) para facerse unha idea da calaña coa que ten que lidiar Israel para garantir a supervivencia.
Onte tiven un duro debate sobre a oportunidade de liberar a bestas coma Samir, pero a obriga moral de devolverlles os corpos as familias fai que haxa que adoptar escollas coma esta. Malas, ao meu ver.
[Máis: reportaxe de Yedioth Ahronot sobre o intercambio de prisioneiros; No tengo palabras, pero tampoco tengo dudas, no blogue Desnuda ante un espejo; Sobre el intercambio, en Oriente Miedo, cunha atinada reflexión sobre a lexitimización que esta práctica reporta aos grupos terroristas]
Cun lavado de cara moi necesario, retomo a andaina do blogue. Desta volta, coa curtametraxe Strangers, rodada en Haifa. Que o disfruten.
Agora que o meu bó amigo Pedro Gómez-Valadés xa non milita no BNG, gustaríame expoñer as miñas impresións fináis e, se cadra, tomarme xa esas vacacións que levaba tempo pospoñendo.
Sobre o aspecto xurídico, a estas alturas, xa está todo dito. Que se tratou unha medida ilegal e antiestaturaria xa foi demostrado e explicado neste blogue. Ningún, repito, ningún dos instigadores abordou nin abordará este punto que saben perdido. No canto diso, atacan ao personaxe, lixan a imaxe pública de quén ten non fixo nada do que deba arrepentirse. Pensar distinto? E non só iso; ademáis, ter a desfachatez de facelo en alto.
Un detalle que ilustra a natureza do proceso: primeiro votouse a súa expulsión e, varios días despóis, comunicáronlle os cargos. Coma polo motivo real non poden expulsalo, finalmente alegaron deslealtade, amparándose en determinados artigos dos Estatutos que tampouco recollen nada que o implicado fixera. Se a decisión de expulsalo se axustara aos Estatutos, mal que nos pesara, non nos quedaría outra que respetala e aceitala. Pero non é o caso.
Pero interésame máis o motivo real, o que todos sabemos. Lembremos: dado que esa persoa expresa públicamente a súa simpatía cara Israel non pode participar do nacionalismo galego. Coma isto entra na distinción ridícula de que hai países bós e países malos, chegado a este punto, os defensores da medida acaban por tirar dunha mentira xa habitual. Que, en realidade, non é unha asociación de amizade entre Galiza e Israel, formada por cidadáns galegos que libremente escolleron integrarse nela. Que va. É unha asociación de amizade co Goberno de Israel, oscuramente artellada polo Estado imperialista para ocultar ao mundo o Holocausto palestino. O outro día, alarmado, un compañeiro contábame nunha cafetaría que sabía que Gómez-Valadés recibía cartos da Embaixada de Israel para limpar a imaxe do sionismo, e que podía probalo. Claro, mosqueado porque non compatira comigo o quiñón, pregunteille cales eran esas probas, en vista a exixirlle a Valadés a parte alícuota que me correspondería en canto compañeiro de fatigas sionistas. Mentres eu botaba contas na cabeza, el miroume moi serio, logo farfullou un par de evasivas e acabou recoñecendo: era só unha maneira de falar. Mira ti. E eu que xa tiña a vista posta nun mp3.
Que a AGAI é un invento do Estado de Israel é tan real coma que eu son monxe franciscano, xa, pero se manter relacións cun Estado acusado de incumprir os Dereitos Humanos indigna tanto a algúns militantes do BNG, non entendo a qué están agardando para tramitar a expulsión da actual Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. Creo lembrar que, non hai moito, a Consellería que dirixe colaborou coa Feira do Libro da Habana, organizada ao alimón co estabilshment da ditadura castrista. Xa digo, non me fagan moito caso, pero xuraría que ahí sí que había unha colaboración cun Estado represor, feita a nivel institucional e con cartos de todos os galegos. (Nota: se non se lle ocorre qué replicar, sempre pode berrar un uh, sionista ou un Palestina vencerá!)
E que conste que non estou criticando a presenza na Feira (non son favorable a medidas illacionistas), nin á Conselleira (que coido que fai un bó traballo); critico o dobre raseiro que se emprega sempre, sempre, sempre cando se fala de Israel.
Se a AGAI fora unha asociación que defendera o Gran Israel que anhela a dereita relixiosa israelí, entendería que alguén puxera pegas á dupla pertenza a ambas asociacións. Ao fin e ao cabo, o BNG defende o dereito de autodeterminación de todas as nacións do mundo, entre as que estaría o que dende a Ocupación se veu chamando coma Palestina. Pero ese non é o caso. A Asociación, pola contra, apoiou públicamente dende o comenzo o lexítimo dereito do pobo palestino de contar cun Estado de seu, e a negociación coma vía de solución para o conflicto.
Ben mirado, resulta simpatico. Entendo que non para Pedro (anque ten sentido do humor, esta tocada de pelotas reiterada tenno un chisco queimado) pero, decía, ben mirado, a cousa non deixa de ter a súa graza. É todo un espectáculo ver a tanta xente afanándose en porlle cancelas ao mar, intentando por todos os medios que dende a súa casa se poida ofrecer información que atenta contra o que todo o mundo sabe que está pasando. De entre os argumentos máis involuntariamente cómicos que se esgrimiron, o meu favorito é o de que, coma lle explicaron nunha ocasión, non era nada persoal, pero si que estaban preocupados de que, ao permitir que algúen rachara unha lanza a prol de Israel dende un ámbito tradicionalmente “solidario” con Palestina, corríase o risco de que convencera a alguén. Qué horror. Porque todo o mundo sabe que, cando algúen comenza a sentir mágoa coas vítimas israelíes do terrorismo palestino, automáticamente quere ver a todos os palestinos colgados de ramas de olivos. Isto está claro; cando algúen se solidaríza co dor dunha parte, inmediatamente pasa a odiar a outra. E que ninguén trate de rebatirme, porque calquera persoa con sólida formación ideolóxica axiña se percata da verdadeira natureza do mundo: en branco e negro.
O que está en xogo non é a simpatía cara o pobo palestino, senón o mito montado arredor do conflicto. Mito divisorio entre nós e eles que, á súa vez, lle permite a certa esquerda, de pasado máis ben turbio, manter unha significación política da que na práctica carece. Ao presentar aos palestinos coma a quintaesencia da bondade, eludindo os seus aspectos reáis, na loita contra o inimigo capitalista, o Pequeño Satán (brazo incorrupto dos EUA, obvio), escenifican a encarnación definitiva da loita entre o pobo e o sistema. Omiten que, tanto en Israel coma en Palestina hai pobo e hai sistema, presentando o conflicto coma unha loita entre o pobo palestino e o Estado de Israel, aneque os ataques palestinos sexan perpetrados coa loxística da ANP e os mortos iraelíes sexan as máis das veces civís. Iso da igual. Israel é todo el un Estado (deben ser todos funcionarios, coma en Santiago), e Palestina sempre é Pobo, porque un bó ideologo non perde o tempo coas menudencias da vulgar realidade.
Sobra decir que este mito goza de bóa saúde, en gran parte, porque permite dar renda solta a toda esa alegre xudeofobia que non daba atopado cauce logo da Shoah. Agora que sabemos as consecuencias de deixarnos levar, non está moi ben visto decir que os xudeus dominan o mundo a través dun consello de homes poderosísimos, que son conspiradores e avarentos, e que os seus tentáculos chegan a todas partes. Iso só o din os fascistas, a extrema dereita. A xuventude consciente, a mocidade e non-tan-mocidade idealista non incurre en antisemitismo, que é algo moi feo e de dereitas. Iso si, o que non vai facer e deixar de denunciar aos sionistas, que, estos si, teñen un consello que domina o mundo, son conspiradores e avarentos, e os seus tentáculos chegan a todas partes. Porque, e isto tampouco vai a calalo a mocidade consciente, xa está ben de falar do Holocausto, que total xa pasou, e máis cando en Gaza está ocurrindo algo xa non igual, senón peor.
Calquera dos que bramaban pola hixienización é consciente de que nun debate sen máis pauta que o respeto e a argumentación racional, o mito que se montaron arredor de Palestina cae polo seu propio peso. Explícome; a xente seguirá sentindo máis simpatía cara un país sen Estado coma é Palestina que cara un que xa o ten, coma é Israel, e seguirán deplorando a Ocupación e as medidas de Israel que entorpezcan que esta situación indesexable se manteña no tempo. Pero, ao mesmo tempo, a meirande parte das persoas informadas acabarían por deixar de lavarlle a cara á cova de ladróns e fanáticos que teñen os palestinos por gobernantes, condeando un terrorismo que, lonxe de axudar a liberar a súa terra, enquista aínda máis o conflicto e, o máis importante, comezaría a exixirlle á sociedade palestina a responsabilidade dos seus actos.
O escritor inglés Martin Amis, no artigo que publicou o pasado outono co gallo do aniversario do 11 de Setembro, fala da encrucillada na que se atoparon as élites do islam logo das sucesivas derrotas árabes perante Israel, tendo que escoller entre asumir un futuro moi difícil e decepcionante, reducindo a relixiosidade das súas sociedades, ou a ilusión dun futuro de prosperidade e gloria eternas no caso de cinguirse ata o extremo a senda relixiosa. Maila que é unha comparación algo tosca, creo que pode valer para expoñer a situación dos partidos comunistas logo da caída do Muro de Berlín.
Por unha banda, optar por amoldarse ás estructuras democráticas, aceitando a competitividade eleitoral e uns resultados previsiblemente adversos. Pola outra, finxir que non acontecera nada, rebaixándose a concorrer ás eleccións, máis seguindo impermeábeis ás mudanzas nas formas e no fondo que os dereitos civís comenzaban a garantir, por fin, en toda Europa. O comunismo galego optou maioritariamente por esta segunda vía, a do pano nos ollos. Daqueles polvos ven esta lama.
Ben mirado, é o seu canto do cisne. Coma un Santiago Matamouros, amarrado ao cabalo despóis de morto, agora que o comunismo se tornou nun obxeto pop, desbotada a vía revolucionaria pola propia Historia á que só recurren dun modo moi, pero que moi selectivo (un achegamento integral tira por terra a súa mitoloxía), esta embestida da esquerda de cartón non debe entenderse coma unha mostra de forza, senón coma un intento desesperado de manter un dominio do BNG e do nacionalismo galego que saben qué só poden consevar en condicións de laboratorio. Todas as medidas represivas revelan unha impotencia, e ista non é unha excepción.
Os líderes do BNG intentan agora a tarefa quimérica de compatibilizar un discurso de extrema esquerda cunha xestión levemente social-demócrata dos recursos públicos. Un Bloque (e sinto ser tan crudo), na miña opinión pueril, que pretende seguir xogando á revolución na que non cre antes de aceitar que, primeiro está a realidade, e logo as ideas tendentes a mudala. En Burnt Norton, o primeiro dos seus célebres cuartetos, T.S. Eliot recollía unha idea que chegou a facerse un lugar común: a de que "non poden os humanos soportar demasiada realidade". Pois ben, os galegos debemos ser os máis humanos de entre todos, porque se non resulta difícil entender cóma esta clase de cousas aínda non están claras a estas alturas.
A expulsión de Pedro Gómez-Valadés non resolve un problema, senón que o crea, ou mellor dito, o revela. Do mesmo modo que Marx, n´O Capital abreu en canal o sistema capitalista, o caso Valadés fixo o propio co Bloque Nacionalista Galego e co nacionalismo galego, poñendo á vista de todos as tensións entre quenes cren no nacionalismo coma unha masa popular e os que o vemos coma un espazo de fomento cívico, coma suma de individuos libres, no ronsel da tradición republicana. Son dous modelos de enteder a sociedade, de facer País.
Agora que un deles ven de anotarse un tanto, de fondo, óense os apláusos excitados de quénes defenden un nacionalismo e unha esquerda que, para qué negalo, son xa só uns mortos que camiñan.
Coma no programa de Radio Sefarad, onte cumpríronse dous mil anos de esperanza e sesenta de realidade.
Dende aquí, a máis sentida norabóa para o comenzo dunha autodeterminación xudía. Ou mellor, coma apuntaba o poeta Haim Guri: "O que levamos ata o dagora non son 60 anos de independencia, senón de loita pola independencia".
Se algúen ten interese, premendo aquí podese escoitar o discurso da Declaración de Independencia.
Abel García López, concelleiro de Neda, abandonou ese partido, entre outras razones, cando o BNG non condeou o Holocausto. Pedro Gómez-Valadés é expulsado do BNG por presidir AGAI, unha asociación que defende o dereito de Israel a existir. Podremos supor que os que se quedan no BNG están dacordo en non condear o Holocausto e en que o Estado de Israel debe desaparecer? Seguramente non. Tal vez pensen que iso é algo que realmente non vai con eles e lles compense seguir militando nun partido desas características obviando ese pequeno detalle.
Ese pequeno detalle traerá outro e outro máis e cun pequeno detalle xa é dabondo para abrir unha fenda no embalse, tarde o cedo reventará a presa e anegaráo todo, todo se cubrirá de ignominia e todos se afanarán en buscar excusas inútiles, cobardes. Entón será tarde de máis. (...)
Outros non se resignan e pensan que poden loitar contra ese obstinado prexuízo. Quizáis pregunten aos seus correlixionarios, e ti, porqué cres que debe desaparecer Israel? Porqué non condeas o Holocausto? Non ves que un día podería tocarche a ti, á túa familia, áos teus fillos?. Israel é un Estado Imperialista, respostaránlle repetiendo as consignas sen saber e sen querer saber por si mesmos. (...). É cómodo, tal vez. Pero é coma estar morto. (...)
"Ser pro-israelí, pro-tibetano, pro chií, pro suní, pro kurdo ou pro-Saddam, non afecta ás esencias do BNG nin de ningún partido, e sí á liberdade de expresión e de conciencia de quenes desde ese partido teñen visións “discoincidentes” nestas materias de índole máis ben subalterno. Direi máis, se un asunto de política internacional coma o que nos ocupa fora motivo real de expulsión, coma a que se acaba de consumar miserable e autoritariamente contra Pedro Valadés, qué non terán que perpetrar no sucesivo os gardiáns das esencias estalinistas do Bloque contra os seus militantes da CIG que falan español, van a misa e incluso comen tortilla de ovos batidos con patacas! E como resolverán, senón con purgas, a desviación que sen dúbida encabezan todos os socialdemócratas que infestan o partido (ou frente de partidos)? E qué círculo concéntrico do infierno talibán lles reservarán aos meros autonomistas que se atrevan a opinar contra o independentismo ou a conquista do Bierzo? (...)
Onde estaban estos anti-imperialistas de pacotilla mentres a URSS de Stalin ou a China de Mao masacraba a millóns de rusos, ou chinos, ou tibetanos? Direillo eu: Estaban onde estiveron sempre, no epicentro da “lei do embudo”. Polo demáis, nunca dixeron nada favorable a esas vítimas nin condeatorio desos verdugos. Pero, isto que non falle: chegaron a xustificar, por exemplo, a invasión de Checoeslovaquia e a colocar a Irán coma modelo e paradigma a seguir."
Norabóa Miguel, por este artigo extraordinario!
"O Pedro Gómez-Valadés foi expulso por aqueles estalinistas que costumam falar de «coexistência pacífica», «anti-imperialismo» e «democracia», seja em Espanha ou em qualquer outra parte do mundo, mas que raramente conseguem disfarçar a vertigem de intolerância que os alimenta." (...)
Deches no cravo; medrar e superar complexos. Ou seguir xogando a ser quén non se é.
Do versión nacionalista de La Razón xa non agardaba nada, pero que nin sequera o xornal nacionalista máis lido faga a máis mínima mención á expulsión de Pedro Gómez-Valadés é sintomático de como o control dos medios que practicaba o PP conta no actual Goberno con alumnos aventaxados.
A Asamblea Comarcal de Vigo do Bloque Nacionalista Galego decideu o pasado xoves expulsar da organización nacionalista a Pedro Gómez-Valadés. A acusación, presidir unha asociación de amizade con Israel, que xa lle acarrexara ao implicado un proceso semellante fai agora un ano, recuperouse sopresivamente aprobeitando que nos atopamos fora de periodo eleitoral, tal e coma expresou na Executiva Comarcal previa á expulsión unha dos dous representantes do BNG no Congreso dos Deputado, Olaia Fernández Davila.
A expulsión, que terá coma seguinte trámite a retificación polo Consello Nacional, foi promovida polo mesmo grupo de militantes que hai un ano recibiran unha contestación case unánime por parte da sociedade galega tralo seu primeiro intento de purga. Cando aquel primeiro proceso se desencadeou, a Asociación Galega de Amizade con Israel levaba dous meses constituída e traballando con normalidade, sen que ningún organismo oficial do BNG se expresara ao respeto. Os problemas para Gómez-Valadés comenzaron cando o proxecto político no que se implicara no seo do BNG, a plataforma da Alternativa, sufrira un descalabro na Asamblea Nacional do BNG, e posteriormente en todo o país, salvo na Comarca de Vigo, na que el milita(ba) e na cal era a cabeza visible do proxecto. Só nese momento, cando a alianza entre a UPG e Anxo Quintana non foi quén de acadar un resultado satisfactorio en dita comarca, un grupo de militantes comenzaron a presionar para que se revisara a súa situación. O resto está na rede, preferentemente en Chuza.
Logo de que a tan oportuna purificación quedara en entredito ao saír á luz pública, e despóis de varias semanas sen ningunha información oficial por parte da fronte, o Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana, expresouse públicamente en nome da organización coas seguintes declaracións:Non houbo nin hai ningún expediente de expulsión contra ningún compañeiro do BNG por pertencer a ningunha asociación. Polo tanto, eu espero que cese calquera campaña de vitimismo infundada.
Anque teño unha atitude moi alonxada á súa na cuestión territorial e nacional no Estado español, a lucidez e sensibilidade de Antonio Muñóz Molina, que plasma nas súas novelas e naquela xa lendaria columna que publicaba no dominical de El País (e se cren que exaxero, tempo ao tempo. Chegará un día na que se fale delas coma hoxe o facemos de Julio Camba), fan del un dos meus referentes éticos e culturáis habituáis. Camiño a casa, viña cos cascos oíndo unha entrevista súa en Radio Sefarad, na cal pronuncia esta afortunada reflexión:
"(...) Eu creo que o mundo de despóis del 11 de Setembro parécese bastante ao que había antes, só que hai cousas que agora xa non se poden ocultar, e que hai sensacións que tiñan determinadas persoas ou deteminados países, de fraxilidade, que agora se universalizaron máis. É decir, a sensación dun cidadán israelí, de vivir no perigo constante, e real, dunha explosión dunha bomba, ou a sensación de fraxilidade ante un terrorismo que pode ter,.. que podería ter un cidadán español, e que era tan pouco compartida e tan pouco comprendida, fora de... porque hai unha cousa que,... sobre a que eu reflexionei moito nese momento, e que me sigue parecendo escandalosa; para os medios de información, o terrorista é o que actúa preto de ti. Cando se vai alonxando, convírtese nun loitador."
No seu último libro, que por desgraza non chegou a ver publicado, a política paquistaní Benazir Bhutto "denuncia o extremismo, ao tempo que presenta unha interpretación moderna do mundo musulmán". Fronte aos apoloxistas da confrontación, hai que lembrar que as voces modernas no islam existen e deben ser escoitadas. Pulsando aquí pode lerse o primeiro capítulo (en inglés).
"-De los conflictos que conoces, ¿cuál sería el más fácil de resolver y por qué crees que no se resuelve?
-El de Palestina. Bastaría con que se retirasen los colonos israelíes de Cisjordania, respondiendo a la resolución 242 del Consejo de Seguridad. Bastaría con que se devolviese Jerusalén Oriental a sus legítimos dueños. Y con que se negociase una opción justa para los refugiados en el extranjero. Nada más. Si no se resuelve es por una serie de intereses económicos que van desde el agua hasta la industria armamentística, pasando por la especulación inmobiliaria, así como la estrategia política de Washington y la presión que ejerce parte de la diáspora. También está el fanatismo religioso y el mesianismo de algunos grupos radicales israelíes y de los colonos."
"Nilda Eloy é a presidenta da Asociación de ex-detidos e desaparecidos. Chegou desde Arxentina coa intención de procurar axudas e apoios para levar a cabo os xuicíos contra os xenocidas da dictadura que tivo lugar entre os anos 1976 e 1983.
ANT TV falou con ela para saber máis sobre a súa experiencia e sobre a situación real na Arxentina do século XXI. Acércanos unha realidade esquecida e escalofriante que coma ela viviron milleiros de persoas, das cais, a maioría non poden nin puideron falar."
Non adoito a falar doutras latitudes máis ca de Oriente Próximo e Galiza, pero a declaracións desta muller ben merecen, coma mínimo, un oco na bitácora.
Máis, en A Nosa Terra, vía A Nosa Terra TV.