6 de jan. de 2009

O tiro pola culata

Precisamente porque Israel está a anos luz no tocante á protección dos civís con respecto a Hamás, antes de derrubar un edificio no que sospeita que hai armamento agochado, chama antes para que sexa desaoloxado. Este feito é negado pola sempre moi solidaria e concienciada Europa. Pero qué pasa cando é unha española residente en Gaza a que narra o que está vendo?

Están disparando os tanques contra vivendas onde residen cidadáns civís?

"Non o sei, iso é o que se comenta, que caíu abaixo un edificio, non o sei . Non creo que houbera xente, os israelís avisan con tempo para evacuar...".
O vídeo dura 3:20 e paga moitísimo a pena ver a entrevista íntegra. Coma ben recolle o blogue colectivo Galiza-Israel, maila os intentos da CNN+ por vender espectáculo no canto de información, esta vez saíulle o tiro pola culata.


Um comentário:

J. disse...

Eh, qué pasou? Aquí non hai comentarios?