Augas de Março
Hoxe vai unha tarde demasiado bóa coma para perdela pensando en política. Mellor saír á rúa, ir á praia ou, de quedar na casa, que sexa con música tan fermosa coma esta:
Qué difícil é quedarse quedo, indiferente, mentres todo entorno fai ruído.
Hoxe vai unha tarde demasiado bóa coma para perdela pensando en política. Mellor saír á rúa, ir á praia ou, de quedar na casa, que sexa con música tan fermosa coma esta:
Probablemente, o mellor da reportaxe de Dutifri sobre Israel é a conversa entre Javier Sardá e Henrique Cymerman, corresponsal de La Vanguardia e Antena 3 para Oriente Medio, e profundo coñecedor da rexión. E, maila que Sardá me parece un comunicador sobresaínte, e se note que tiña intención de ser obxetivo, ó falar sobre Israel non deixa de esvarar en lugares comúns. Unha mágoa.
Atentos a Cymerman:
Un cuarto de hora durou o tema instrumental co que Kroke empezou o seu concerto no Festigal; por desgraza, a tarxeta de memoria da miña cámara de fotos claudicou moito antes. Anque a duración non é moita, e a calidade tampouco é para tirar cohetes, valga este vídeo de mostra para aqueles que non puideron estar alí.
Asemesmo, veño de colgar na conta de Flickr algunhas das fotos que tirei durante o concerto:
Se hai un día e un lugar para xuntarnos os galegos, ese é mañá en Compostela. Para moitos de nós, o Día da Patria é o máis cercano que temos a un día santo, e o certo é que non está exento dos seus rituáis. A manifestación dende a Alameda, o silenzo tenso cando pasamos xunta ós de FPG no Toural, a busqueda desesperada dun bar logo do discurso na Quintana (gustaríame saber canto gañan os bares do Franco ese día) e logo, tal vez, a comida na Carballeira.
E pola tarde, a dar unha volta polo Festigal, que cada ano está mellor, anque non sei se quedarei a oír a Kroke. Maila que ás veces é algo agobiante, o vintecinco de xullo segue sento o meu festivo favorito. Por iso, tanto ós que veñen aquí porque lles gusta o que hai, coma ós que veñen só a indignarse, desexolles a todos os leitores un feliz Dia da Patria.
"En contraste coa pobre Madeleine, non naceron en Rothley nin teñen ollos claros ou tez branca. As súas condicións infrahumanas reflectin a moralidade dun mundo que tolera todo dos petroleiros, e a dos medios que nunca os mencionan porque están ocupados satanizando a Israel."
"Atopamos a Madeleine. A vinte mil delas. Sábese onde están pero non se moverá un dedo para rescatalas. Deixaráselles morrer nos seus camelos para non ferir as sensibilidades dos donos do ouro negro."
A nova non é tanto esta coma esta. O incrible non é a medida absurda e reaccionaria, senón que os propios compañeiros de profesión pidan moderación. Así, segundo Jose María Varona, vicepresidente da Federación de Humoristas Gráficos de España:
"Yo me puse en contacto con mis compañeros de El Jueves cuando tuve conocimiento de lo que habían hecho y les dije que, en mi opinión, se habían pasado, que la portada era soez."
"Este tema no tiene nada que ver con las caricaturas de Mahoma, esta portada está totalmente fuera de lugar".
Se a portada é de peor ou mellor gusto é algo que decidirán os leitores, non un xuíz. Pero en qué século estamos?
Por se algúen ten interese en coñece-la música Klezmer, pode facerse unha idea con este vídeo. Vinno neste blogue, adicado a este xénero musical propio dos xudeos de Europa Oriental.
Celebrando un día de festa:
Música xudea ou música cíngara? O mellor é xuntalas e a ver que sae:
E, para rematar, unha mestura con música electrónica. Esta foi a que máis me gustou, ademáis de facerme ver de novo canta bóa música hai fora dos circuitos convencionais:
Xa un pouco violento, ía á ventá da cociña e contemplaba dende alí unha praciña salpicada de herba e un pozo con brocal cuberto de hedra. O seu nome: Patio Segredo, chamado Arcano. Para chegar a el había que abrir sete portas, cada unha das cales tiña grabado o nome dun shed, demo da caste dos Shedim enxendrada por Adán cando éste foi separado de Eva despóis do seu acto de «desobediencia». Cada unha das portas amosaba ó abrirse unha palabra máxica: Sam Ha, Mawet, Ashmodai, Shibbetta, Ruah, Kardeyakos, Na´Amah.
Anque xa hai meses que está colgado en varios sitios na blogosfera galega, aínda non vira a entrevista feita no 78 a Álvaro Cunqueiro que Pedro descubreu e colgou no seu blogue. Concretamente, veño de ve-la na Rúa Xudea que Xoán Salgado mantén aberta para que poidamos segui-la pegada sefardí no noso país, e na cal podemos atoparnos con tesouros coma estes dous artigos de Luís Seoane.
A entrevista dura máis dunha hora, pero é xusto ó final cando o mestre revela os seus proxectos. Descoñezo se chegou a completa-la tarefa, anque penso que non tivo tempo dabondo coma para recolle-las andanzas deses xudeos que, na Galiza medieval, conviviron cos galegos naquelas tranquilas vilas de interior que tanto gustaban ó escritor de Mondoñedo.
Acabo de ver en Cuatro un espeluznante documental sobre Corea do Norte. O rexime totalitario aparece nel amosado con tódalas súas contradiccións: privada a xente da súa condición de persoa, truncado o libre albedrío pola vontade do pobo (por non decir: de quenes interpretan esa vontade), nada lles queda ós coreanos máis que agardar novas ordes.
Por moito que saibamos que tódolos reximes comunistas acabaran por convertir á súa población en monicreques, o marxismo-leninismo mantén en certos ámbitos da esquerda un prestixio intelectual equiparable ó que o fascismo (non chamándolle así, claro, máis si o que iso era) mantén entre tanta xente que, dito dun xeito tosco e algo abusivo, poderían considerarse de dereitas. Tra-lo fracaso do socialismo real e o desgaste dos autoritarismos de corte falanxista, as actuáis democracias parlamentarias dos sistemas capitalistas conseguiron disgustar por igual ós acérrimos dunha e doutra postura (o que, en parte, axuda a sinala-la súa simetría), deixando só un carril no medio no que coexisten a social-democracia e o neoconservadurismo.
Sendo os neocons herdeiros, coas innegables reformulacións, da vella autoritas, non supuxo para eles un gran trauma adapta-los seus esquemas ás loterías eleitorais e márqueting político. Pero para a esquerda (por fortuna, non toda), que apostou duro por sistemas que opuñan o obxetivo da Xustiza Social fronte á iniciativa privada, estes novos sitemas políticos nos que se entroniza, e cada vez máis, ó libre albedrío, pódese decir que a pillaron co pe cambiado.
Ó marxe da xa crónica discusión de se a estas alturas do capitalismo aínda é válida a dicotomía esquerda/dereita, ou se a experiencia confirma a hipótese orteguiana, sempre me considerei de esquerdas. Sen embargo, debo decir que hai veces que non entendo cómo dende esa postura política se poden defender certas cousas que moitos asumen coma axiomas: a lista é algo longa, ademáis de previsible. Dame que se en tantos sitios non hai unha esquerda de futuro, non é porque non haxa causas nin medios, senón porque constuír un futuro supón deixar polo camiño parte do pasado. E hai medo porque, a diferencia deles, o noso porvir non é previsible.
E os días pasan sen tomar unha determinación. Collidos da man dos vellos herois apolillados, e sen máis expectativas que seguir agardando ata que o capitalismo se esnafre, a esquerda (na Galiza sabémolo ben) dilapida caudáis inmensos de enerxía, malgastadas á intemperie coma ese faraónico hotel valdeiro que nunca chegará a inaugurarse en Pyongyang.
E non pasa nada. De feito, os medios de comunicación nin sequera consideran oportuno mencionalo. É normal. Qué pode importanos unha nova que non serve para criminalizar a Israel? Pola contra, os libaneses, para os cales o conflicto árabe-israelí non é unha pantomima intelectual senón unha enorme putada, esta enésima inxerencia parece que si que lles preocupa. Así o recolle o xornal libanés Naharnet:
"Tropas sirias han penetrado tres kilómetros en el interior del territorio libanés, tomando posiciones en las montañas cerca de Yanta en el este del Valle de la Bekaa. Las fuentes dijeron que tropas sirias, apoyadas por bulldozers, fortificaban posiciones en más de un área a lo largo de la frontera libanesa, erigiendo montones de tierra y cavando cientos de trincheras y bunkers individuales." (...)
Coma ben indica un leitor, últimamente estamos a asistir as manobras do españolismo máis recalcitrante, e faino naquel fronte que máis dano nos provoca: falo da nosa lingua.
Cando me refiro a "españolismo" non aludo ós españois que viven con normalidade no seu país e coa súa lingua, senón a aqueles que, dentro do noso, nos nega ós galegos a capacidade de vivir plenamente nas mesmas condicións. Anque é frecuente que sigan a estratexia da lura, tratando de asociar o nacionalismo con formas máis ou menos veladas de sectarismo e exclusión, o certo é que cada vez hai máis xente que rexeita eses discursos apocalípticos de quenes logo se presentan coma salvadores, prestos a resolver problemas que nunca tomarán forma.
O decreto de normalización do galego no ensino, presentado por que só pretende manete-los seus privilexios (replicado irónicamente na blogosfera galega, sobre todo nesta páxina) non é, nin moito menos, unha medida autoritaria, tal e coma se pretende facer crer. Se a día de hoxe o galego ocupa un espazo marxinal non é froito dunha elección libre e consciente da sociedade galega. Penso que ningúen pode ser acusado de vitimista se fala dunha agresión clara e sistemática durante cinco séculos co obxetivo de erradica-la nosa conciencia de pobo, sobre todo a base de marxinar o noso idioma ata que este desapareza.
Á hora de enfoca-la estado do noso idioma non pode partirse da falacia de atoparnos nunha situación de equilibrio. É dende esa desigualdade de orixe dende a que hai que enfoca-la medida. Penso que ninguén rebatirá que, nestas circunstancias, as medidas de discriminación positiva estarían máis que xustificadas.
Pero, trátase o novo decreto dunha medida de discriminación positiva? As mesmas consisten en obrigar a introducir persoas ou elementos en ámbitos nos que, por tradición ou por norma, a súa presenza fora exigua ou nula. O caso do idioma galego, que logo de sete séculos de Historia só comenzou a ser empregada na educación logo da asunción da Autonomía, é paradigmático da situación na que tales medidas estarían máis que xustificadas. Pero, repito, trataríase dunha medida desa índole?
Para sabelo, abonda con expoñer certos datos:
- Cando se permiteu que o galego accedera á educacción, a situación do noso idioma era mellor que a actual. Nese contexto, a asunción do galego coma o idioma no que se impartía (anque fora só parcialmente, de xeito case residual), non era tanto unha medida de discriminación positiva coma un recoñecemento da situación fáctica na cal a gran maioría dos alumnos eran galegofalantes.
- Este último decreto, sen embargo, é xestado nunha situación claramente diferente, e coma tal, debe aportar solucións a problemas que naquel momento non había. A día de hoxe, as novas xeracións de galego, educados cuasi-integramente en español, logo do fracaso estrepitoso da política lingüística que seguiron os Gobernos de Partido Popular, perderon de maneira sangrante contacto co idioma do país. Foi unha educación paleta e acomplexada, que asociaba o foráneo co bó, e que se avergoñaba por ver nela só unha cultura aldeana e cerril, atitude que proviña directamente dos máis rancios estereotipos franquistas (dos que índa hoxe bebe moita xente). Nesta situación, ou se toman medidas contundentes ou acabaremos por perde-lo galego como o idioma de referencia do país. De feito, fará falta unha política lingüística valente para que a inercia actual se revirta. Este decreto trata de por unha primeira pedra no proxecto máis ambicioso ó que nos enfrentamos os galegos na actualidade, isto é, o poñernos todos mans á obra para que o noso idioma goce de bóa saúde.
Algúns de nós cremos que Galiza é unha nación. Outros, que é unha rexión máis de España, e hainos que non se paran a reflexionar sobre estas cousas. Pero, máis alá das nosas diferencias políticas, o idioma é patrimonio de todolos galegos, e a todos nos compete cederlle ós nosos fillos a herdanza, a súa vez, recibimos dos nosos páis.
"Para os ilustrados occidentais a liberdade de expresión é sagrada e, polo mesmo, hai que respetala. Pois ben, para as persoas de relixión islámica Mahoma é sagrado… ¿Non hai que respetalo? Caricaturizar a Mahoma como un terrorista, cubrindo o seu rostro cun turbante en forma de bomba coa mecha acesa ou cunha daga amenazadora destinada a matar mozas virxes, é una insensata provocación desfiguradora, por máis que determinados fanáticos islamistas lancen bombas ou avións-bomba invocando o nome do Profeta e o nome de Alá."
"A provocación das VIÑETAS recórdame a práctica do DOBRE RASEIRO. Un debuxante fai un chiste groseiro sobre un negro. Iso é racismo. Un político nega o holocausto. Iso é antisemitismo . Un profesor afirma a superioridade dos varóns sobre as femias. Iso é machismo. Un debuxante insulta a Mahoma. Iso é liberdade de expresión."
"Eu não sou um chauvinista do país, mas sou um chauvinista da língua. O hebraico é um maravilhoso instrumento musical. É um vulcão em erupção. Eu já criei palavras que estão no dicionário. É o mais próximo da imortalidade a que se pode chegar"
O outro día, mentres cambiaba de sitio os exemplares atrasados da revista Tempos Novos, estiven lendo de novo o artigo Democracia, relixión, e liberdade de expresión, de Miguel Vázquez Freire (número 106) no que se reflicte ben a dualidade coa que se trata ó Islam na actualidade.
O artigo, escrito no contexto da polémica polas caricaturas de Mahoma, incide nas contradiccións que actualmente dominan o tratamento do Islam que se fai en Occidente, especialmente, engadiría eu, por parte daqueles persoas e medios de comunicación autodenominadas progresistas.
"Da vella islamofobia que, sen dúbida, predomina aínda en bóa parte da cultura occidental (velaí están os estudos prácticamente inapelables do palestino Edward W. Said: Orientalismo, Libertarias 1990; Cubriendo el Islam, Debate 2005), correse o risco de pasar agora, ben a unha artificiosa islamofilia forzada, atrapados no falso dilema de optar obrigatoriamente entre o rexeite xenófobofo do Islam ou a súa aceptación acrítica, ou ben - máis frecuente - a unha autocensura alimentada a medias polo temor a caer no políticamente incorrecto e no medo físico a ser potencial vítima da agresividade fanática. En calquera dos casos, non estaríamos a falar da única superación da islamofobia compatible e coherente cunha posición democrática e igualitaria: a de considerar, a todos os efectos , a quen practican a relixión islámica como cidadáns suxeitos dos mesmo dereitos e deberes que calquera outros, e ás ideas nas que cren como dignas do mesmo respeto pero tamén do mesmo escrutinio democrático".
''Con Ramón Chao, estuve hace unos días en Redondela, mi villa natal, invitado por el Club Internacional de la Prensa que dirige con eficiencia Carmen Carballo.
(...)
Nuestra sorpresa vino al iniciarse el coloquio con la sala abarrotada por una asistencia en gran parte acudida de fuera de Redondela. La primera persona, muy exaltada, que tomó la palabra empezó lanzando largos improperios contra una suerte de "conjura de los judíos" que, según ella, "gracias a su poderío económico y mediático" "hacen un chantaje permanente a la opinión pública internacional evocando sin cesar el genocidio y así victimizándose". Lo que, siempre según esa persona, "les permite cometer a su vez un genocidio contra los palestinos".
Después de esa retahíla de tópicos antisemitas, expresados a gritos, lo que más nos sorprendió fue que una parte de la asistencia aplaudió como si aprobase tan lamentables propósitos.''
Recoñezo que me sorprendeu ver en EL PAÍS este artigo de Ignacio Ramonet.
O vindeiro martes 3 de xullo, na capital do país, os amigos da A.G.A.I. van celebrar unha charla-coloquio impartida por Alona Fisher-Kamm, Ministra-conselleira da Embaixada de Israel no Estado español. A charla, que tratará sobre "Situación actual e prespectivas no conflito de Oriente Medio", terá lugar ás oito da tarde no salón de actos do Club Internacional de Prensa (Avenida da Coruña nº 6, no Campus Sur, preto das escaleiras da Alameda). A entrada, coma en tódolos actos que a AGAI celebrou ata o dagora, será libre.
De non ser pola tráxica morte de seis soldados do exército español, baixo mandato da ONU, no sur do país, ningún medio e comunicación estaría agora falando do Líbano. E, con ánimo de incordiar, eu pregúntome:
Agora que o Líbano está a facer o mesmo que fixo Israel o verán pasado, isto é, rematar cos viveiros de terroristas do sur do país, onde foron parar as mostras de repulsa?
Por que foi xusto o verán pasado (só un ano, é que xa o esquencemos?), cando a xente se votou á rúa para denunciar a "agresión sionista contra o Líbano"; iso era o que querían ver, e foi o que viron. Agora, que é o propio Líbano o que toma a determinación de rematar coa lei da xungla que impera nos campamentos/cidades-estado no que malviven amoreados os palestinos, os mesmos que entón se rasgaban as vestiduras agora miran cara outro lado. A Guerra do Líbano foi tan miserable coma calquera outra. Foi, ademáis, torpe e precipitada. Máis, á vista dos acontecementos, non foi, nin moito menos, un conflicto gratuito.
Alguén pedirá perdón polo que entón se dixo de Israel? Alguén vai recoñecer, á vista do que esá a acontecer agora mesmo, que a guerra non foi contra o Líbano, senón contra Hezbolá? Agora que é o propio Líbano o que asume o que, de non ser un Estado débil, debería ter feito hai anos, bótase moito de menos que toda a xente á que se lle enche a boca falando de memoria, por unha vez, por unha sóa vez, tivera a decencia de aplicarse o conto.
Constame que alguns dos leitores deste blogue residen en Madrid. Quizais sexan eles os máis interesados en saber que o próximo mércores, día 27, ás sete da tarde, terá lugar fronte á Embaixada da República Islámica de Irán unha concentración de repulsa.
Máis alá da crónica vulneración dos Dereitos Humanos, que ben valería unha concentración semanal, esta vez, hai un motivo urxente para facelo. E, anque podería ser polos continuos chamamentos á destrucción de Israel por parte do seu presidente, ou polo programa nuclear que desenrolan co ese obxetivo, hai algo que se antepón a todo iso.
Coma sempre en Oriente Medio, a realidade impón a súa pauta. Esta vez non son ameazas, senón feitos, os que poñen en perigo a precaria paz (por chamarlle dalgún xeito) da rexión. Agora que Gaza é a última adquisición do islamismo (fronte á pasividade de Occidente, para variar), é necesario racha-lo muro de silenzo que condea ós palestinos (ou é que só importan cando se enfrontan a Israel?) e ós israelíes e a calquera expectativa de solución pacífica para a rexión.
Hamas, o brazo armado de Irán na zona, ven de toma-lo control da Franxa. Non é máis que outro paso no intento de destruir Israel para exende-los dominios da interpretación máis integrista do Corán. De novo, os palestinos son o instrumento do que se valen os islamistas. De novo, a paleoesquerda cala. De novo, tamén, haberá que deixar claro que o inalienable dereito de Israel a existir está fora de toda negociación posible.
E o momento e o lugar para facelo é este.
"Hezbollah e Hamás, é dicir, Siria e Irán, si teñen o control, e saben que cunhas cantas fotos impactantes, uns cantos terribles dramas humanos e unhas cantas hipocresías, a conciencia occidental europea abrándase e enseguida entra na espiral da culpa e o maniqueísmo."
A estratexia da araña iraní, artigo de Adolfo García Ortega
Visto no blogue colectivo Galiza-Israel.
Por falta de tempo, non me está resultando posible seguir os últimos acontecementos de Oriente Medio. Sen embargo, onte, nun rato libre, estiven lendo Kontratempos e, ó chegar a este post, lembreime da entrevista co analista Robert Kaplan publicada no XL Semanal.
"XL. Usted sirvió en el Ejército israelí...
R.K. Sí, fue hace 30 años.
XL. ¿Llegó a entrar en combate?
R.K. No, no entré en combate. Era una época bien diferente de la actual. Estuve un año.
XL. No parece muy locuaz al respecto, ¿se arrepiente?
R.K. En absoluto. Me alegro de poseer esa experiencia. Cuando uno analiza el mundo, no puede ignorar el punto de vista militar; me ha ayudado a la hora de comprender muchas cosas. Saber lo que es entrar en combate, por ejemplo, es algo que muy pocos políticos y analistas tienen en EE.UU., o en España.
XL. En España no, desde luego...
R.K. Lo que quiero decir es que, antes de teorizar, hay que saber lo que ocurre en el mundo, sobre el terreno. Eso da a la discusión política un mayor grado de proximidad a la vida real.
XL. Por lo que veo, Israel le dejó una profunda huella...
R.K. Así es, allí la gente no opina para ser popular, las discusiones son más honestas que en ningún otro lugar. Saben que lo que piensan afecta a sus vidas. La política tiene consecuencias directas en la gente. Israel es un gran laboratorio de realismo. Vivir allí me convirtió en un realista, más que en un analista político." (...)
Aquí, na cómoda Europa, xulgámolos con lixeireza. Alí, onde o risco é real, non poden perde-lo tempo con vagas discusións conceptuáis, con prexuízos ou simplismo. Agora que está a xestarse un pequeno Irak ó lado haberá quen, sen pensalo dúas veces, lle bote a culpa a Israel. Os outros, os que xa nin se molestan en agocharse, nunca van estár no punto de mira dos que só saben guiarse polo catecismo.
Dun tempo a esta parte, volvinme asíduo de Flickr. Ó principìo, usábao para buscar algunhas das (escasas) imaxes que colgo do blogue. Pero, ó pouco, funme aficionando, e agora é unha das miñas páxinas de referencia; a principal, cando se trata de fotos.
Normalmente vou a tiro fixo, pero, se teño algo de tempo, admito que me entretén ir dun álbum a outro, deixandome sorprender por tanto talento que, grazas á rede, non apodrece no anonimato, coma era lei de vida ata hai moi pouco (e agora, índa só neste xardín que é o Primeiro Mundo). É así e como, por casualidade, acabas atopando prodixios coma este:
A fotografía é extraordinaria, pero non é, nin moito menos, unha excepción na conta na que se atopa. Pola contra, o album do fotógrafo vigués Manuel Bóo é todo el unha auténtica maravilla, que paga a pena visitar con detemento para poder apreciar cada imaxe. Xa sexan paisaxes, retratos, ou meros detalles (unha flor, unha porta), consegue crear coa súa cámara estampas dun magnetismo prodixioso.
Ata a min me sóa cursi ó ler o que escribo, pero teño un bó motivo para falar deste xeito: é certo. Con tanto lixo que nos queren facer colar por arte, é reconfortante descubrir a alguén que, con talento e paciencia, é quen de facernos ver aquelo ó que estamos afeitos cunha ollada luminosa e renovada. De amosarnos, limpo do pó cotiá, toda a beleza do mundo.