23 de jan. de 2009

Un pobo unido

El País eleva a máis dun centenar os palestinos executados por Hamás durante a Operación Chumbo Fundido, acusados de colaborar con Israel. Anque o xornal lles atribúe ser membros do Fatah, non tería porque ser así necesariamente. O mellor, coma sempre, a redacción de Juan Miguel Muñóz:

Mientras los combatientes disparaban cohetes, decenas de colaboracionistas con Israel informaban al Ejército de este país sobre objetivos concretos. Seguramente, bastantes personas murieron por esa ayuda al enemigo. Pero la reacción de la milicia islamista fue contundente y brutal. Más de un centenar de esos quintacolumnistas fueron ajusticiados.
Unha cousa máis; toda esta xente que saíu estos días á rúa con lemas do estilo "Estamos con Palestina", a qué palestinos en concreto se refería?

[Máis: Execucións de membros do Fatah]

4 comentários:

Im-Pulso disse...

Cando se faga unha análise obxectiva do que está a pasar na rexión moitos "humanistas" e mesmo a esquerda caviar europea terán que agachar as súas vergonzas.
Hamás é unha banda de "hassasin" (e por riba sen hachís...) un dos problemas é que a cultura e a historia están esnaquinzados.
Coido que temos chegado a un punto no que é necesario dicir as cousas sen medo, o futuro e a convivencia --mesmo a dos israelíes e os árabes-- esixen máis racionalidade e menos victimismo interesado.

J. disse...

Totalmente dacordo. Temos que rachar xa o discurso "Israel Vs. Palestina" para pasar ao "Qué Israel e Qué Palestina". Ningunha das sociedades é un bloque homoxéneo, e a ambos lados as diferenzas intestinas van camiño de acentuarse, coido eu.

Este discurso supostamente "propalestino" (coma un bloque) que se mantén en Europa (e nos campus e ambientes "culturáis" anlosaxóns) para tapar miserias propias o único que fai é enmerdar aínda máis a situación dos palestinos reais. Anque non vai ser doado, porque a ninguén nos gusta que nos tiren por terra "as verdades" (a min tampouco, admítoo), sobre todo cando é do pouco (ou o único, xunto co antiamericanismo?) que mantén unida á esquerda postcomunista.

Saúdos.

Anônimo disse...

Que patéticos, mira que bulides para xusificar este xenocidio. Israel é un estado ilegal, non existe o dereito ao estado sionista, o demaís é pendanteria de seudointelectuais na que vos movedes.

J. disse...

Grazas por compartir as súas elaboradas reflexións.